Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Carmen Basadre entrega os diplomas dos cursos organizados polo Servizo de Prevención de Drogodependencias


# Martes, 16/09/2014
Estes cursos tiveron moito éxito, xa que neles participaron preto de cen rapaces e rapazas de entre 16 e 35 anos

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, entregou esta tarde na Casa da Xuventude os diplomas dos últimos cursos organizados polo Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Lugo.

O Servizo de Prevención de Drogodependencias impartiu catro cursos durante os meses de xullo e agosto, que trataron sobre copilotaxe; carnicería; fotografía para timelapse; e promoción e educación para a saúde. Estes cursos tiveron moito éxito, xa que neles participaron preto de cen rapaces e rapazas.

Estes cursos está orientado para mozos e mozas de entre 16 e 35 anos, porque moitos deixan de estudar e esta é unha boa forma de complementar os coñecementos, o que axuda moito á hora de atopar traballo.

Con estas actividades preténdese favorecer a súa ocupación e incorporación laboral a través de formacións demandadas e que teñan interese e atractivo para a mocidade.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova