Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade presentou as novas actividades socioculturais que beneficiarán a máis de 2.000 cidadáns


# Venres, 19/09/2014
González Abelleira explicou que son máis de 150 actividades entre o rural e a cidade pensadas para todas as idades e orientada aos tempos actuais

Imaxe Asociada
O prazo de inscrición será entre os dias 22 e 26 de setembro nos propios Centros de Convivencia

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, presentou esta mañá o programa de actividades socioculturais que comezan o 27 de outubro de 2013 e rematan o 30 de maio de 2015. 

O prazo de inscripción abrirase entre o luns 22 e o venres 26 de setembro en horario de 09:00 a 13:00 nos propios centros sociais. Os solicitantes deberán estar empadroados na cidade e as cotas oscilan entre a gratuidade con un total de 500 prazas e os 20 euros máximo o curso.

Ana González explicou que un ano máis estas actividades “son moi agardadas pola cidadanía e con elas búscase ofrecer alternativas para o ocio e a vida saudable ademais de que moitas están dirixidas exclusivamente a persoas maiores”. Ademais deu a coñecer que nas actividades do curso 2013-2014 participaron preto de 11.000 persoas entre o rural e a cidade o que demostra a súa gran acollida.

A responsable da área de Benestar Social deu a coñecer unha das novas actividades como é o obradoiro de En clave de participación destinado a nenos e nenas que queiran coñecer a política local e participar dela.  Tamén engadiu que hai aulas abertas, que non teñen prazas pechadas, do obradoiro de lectura e do taller de tear de Fingoi, as aulas abertas de óleo, pintura, calceta  e para adultos que se agrupan e realizan diferentes actividades, a celebración de xornadas ou as saídas culturais. 

O programa de actividades presenta este ano un total de 120 obradoiros dirixidos tanto a nenos e nenas como a persoas maiores de 65 anos, entre os que destacan os cursos de adestramento de memoria, bioximnasia, musicoterapia, pilates, bailes de salón, ou cursos de pintura e teas. Ademais, tamén se realizarán cursos de español para estranxeiros, de autocoidado e desenvolvemento persoal, e de relación co entorno dirixido a persoas chegadas doutros paises. As actividades agrúpanse en diferentes áreas que buscan desenvolver e aprender novas habilidades dos lucenses.  

Os máis cativos tamén poden escoller entre máis de 10 actividades distribuidas en diferentes áreas de actuación e nos que tamén poden atopar apoio escolar, baile ou teares e formación e cultura.

As prazas adxudicaranse por sorteo público que se celebra o día 7 de outubro nun dos Centros de Convivencia que se anunciará no seu momento. As persoas que obteñan praza nalgún dos obradoiros deberán efectuar o ingreso  da cota entre os días 8 e 14 de outubro.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova