Imprimir

CARMEN BASADRE ASISTE Á PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA TURÍSTICA DE TAPAS POR GALICIA EN MADRID


22/9/2014 No acto tamén estiveron os cociñeiros gañadores dos certames de tapas de Lugo, A Coruña, Vigo e Ourense

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, asistiu esta mañá en representación do Concello de Lugo a un acto de presentación da campaña De tapas por Galicia organizado por Turismo de Galicia para dar a coñecer a importante gastronomia galega.

Desta maneira, asistiu en representación do Concello de Lugo e acompañando ao establecemento gañador da pasada edición do Concurso de Tapas, o restaurante La Encina.

Carmen Basadre destacou a importancia de dar a coñecer a “excelente calidade dos menús pero tamén das tapas que se poden tomar en Lugo acompañadas de bos viños da Ribeira Sacra”. O acto celebrouse en Platea Madrid.