Imprimir

ESTE SÁBADO O GRUPO O CORO DA RÁ OFRECERÁ O CONCERTO CONCERTO COMANDO NA PRAZA DE CAMPO CASTELO


24/9/2014 O concerto, previsto para o mes de xullo, aprazouse por mor do mal tempo

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, informa que o próximo sábado día 27 de setembro vaise a celebrar a actuación do grupo O Coro da Rá co concerto Concerto Comando na Praza de Campo Castelo ás 21.30 horas.

Esta actividade enmárcase dentro da programación Cultura no Camiño, que organiza Agadic en colaboración co Concello de Lugo.

Este concerto estaba previsto para o mes de xullo, pero debido ao mal tempo, houbo que aprazalo para esta próxima data.