Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá entra en funcionamento unha nova parada do bus urbano no Polígono Industrial das Gándaras


# Mércores, 24/09/2014
Esta parada será cuberta os días laborables pola actual liña 2 do Cemiterio a Albeiros e os festivos pola liña 11-E de Calde, pola Piringalla a Albeiros

O Concello de Lugo informa que dende mañá, xoves 25 de setembro, entra en funcionamento unha nova parada dos bus urbano no Polígono Industrial das Gándaras. A parada está situada na rúa A fronte da parcela U2, que ocupa as instalacións da empresa Begasa, e dará servizo a todas as firmas comerciais instaladas neste polígono.

Durante os días laborables esta parada será cuberta pola actual liña 2, que vai do Cemiterio a Albeiros, e os días festivos pola liña 11-E, con traxecto de Calde á Piringalla e Albeiros. Este cambio non suporá unha modificación substancial do percorrido, nin unha alteración dos horarios da ruta.

A frecuencia da liña 2 os días laborables será cada hora comezando a primeira parada ás 7:30 horas e a última ás 21:30 horas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova