Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A XXII Feira do Mel de Lugo celébrase este sábado 27 na Praza da Soidade


# Mércores, 24/09/2014
 A celebración terá lugar en horario ininterrumpido de 10:00 a 19:00 horas

Imaxe Asociada
  O Concello e a Deputación de Lugo apoian esta actividade que promociona ao sector primario da provincia 

O Concelleiro de Servizos Xerais e Participación Cidadá, Manuel Núñez, o Deputado Provincial de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Álvaro Santos, e o Presidente da Asociación Provincial Lucense de Apicultura, Pablo Piñeiro, presentaron a XXII edición da Feira do Mel de Lugo.

Esta nova cita coa apicultura que está organizada pola Asociación Provincial Lucense de Apicultores terá lugar o sábado 27 de setembro dende as 10 e ata as 19 horas nunha carpa situada na Praza da Soidade.Na presentación do acto tamén asistiron os produtores Antonio Mon e Alfredo García e membros da Asociación de Apicultores.

Manuel Núñez explicou que “nesta ocasión cambiase a ubicación por mor das obras de reforma da Praza de Abastos pero agárdase unha gran presencia de público que veñen a mercar os produtos de gran calidade que venden os produtores”. Ademais informou que de instalarán entre 25 e 30 expositores nos que se poderán degustar e mercar diferentes tipos de mel que se obteñen en toda a provincia e “agardamos que sexa un éxito de público”.

O Deputado Provincial de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Álvaro Santos, destacou que “esta é unha cita xa consolidada no outuno lucense e que é unha boa oportunidade para o sector da apicultura, que xera un volume de negocio na provincia de preto de 4 millóns de euros ó ano coa venda dos 740.000 quilos de mel que se producen en Lugo e que representan preto do 35% do total producido en Galicia". 

Os prezos do mel manteranse con respecto ao pasado ano, cun precio mínimo para un frasco dun kilo de 6,50 euros, e de 4 euros para o frasco de medio kilo.

Pola súa parte, Pablo Piñeiro, secretario da asociación, informou que este ano haberá moitas variades de mel “que a pesares da ser ter un verán moi húmido as abellas produciron un mal de boa calidade” e tamén garantiu que toda a mel que se poña a venda pasa un controis hixienicos e sanitarios. 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova