Cargando....
Concello de Lugo
01/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo asistiu á inauguración da exposición EFE, 75 anos en fotos no Hostal dos Reis Católicos


# Mércores, 17/09/2014
Trátase dunha mostra que exhibe unha selección de imaxes do arquivo gráfico de EFE e nela recóllense moitos momentos históricos das últimas décadas

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asistiu á inauguración da exposición itinerante EFE, 75 anos en fotos, que tivo lugar esta tarde no Hostal dos Reis Católicos, na cidade de Santiago de Compostela. Neste acto estiveron presentes o Presidente da Axencia EFE, José Antonio Vera, e a Delegada de EFE en Galicia, Ana Martínez.

EFE conmemora en 2014 os seus 75 anos de vida e 47 dende que abriu delegación en Galicia. Esta retrospectiva é só unha mostra dos 17 millóns de imaxes que atesoura o arquivo gráfico de EFE e nela recóllense moitos momentos históricos das últimas décadas captados polas cámaras dos profesionais desta axencia de novas, a cuarta máis importante do mundo e a primeira en español.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova