Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Este sábado celébranse distintas competicións deportivas dentro das actividades previstas no programa do San Froilán


# Xoves, 25/09/2014
Durante esta xornada haberá probas de ciclismo, tenis de mesa e tiro con arco

A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, informa que este sábado terán lugar diferentes competicións deportivas previstas no programa das festas do San Froilán 2014. Durante esa xornada haberá probas de ciclismo, tenis de mesa e tiro con arco.

Ás 9:00 horas comezará a XV Marcha Cicloturista BTT San Froilán, con saída dende a Piscina Municipal de Frigsa. A proba está organizada polo Club Ciclista Correcamiños. Esta marcha ciclista contará con 180 participantes, que recorrerán 43 quilómetros por camiños e sendeiros do municipio de Lugo. Dende as 8:00 horas xa poderán recoller os dorsais.

Ademais ás 16:00 horas na Avenida de Ramón Ferreiro celebrarase o XV Criterium Ciclista San Froilán, que organiza o Club Ciclista Cidade de Lugo.

Tenis de mesa
O V Torneo de Tenis de Mesa San Froilán terá lugar na Pista de Tenis cuberta, que se atopa situada nas instalacións deportivas de Frigsa. Contará coa presencia de Alfredo Carneros, que é o primeiro xogador olímpico nacido en España. Pola mañá dende as 10:00 ás 14:00 horas xogarán os nenos e os afeccionados. Pola tarde das 16:00 ás 20:00 horas xogarán o torneo de federados.

Tiro con arco
O Club Deportivo Arco Muralla organiza o VIII Trofeo San Froilán de Tiro con Arco en Sala, que comezará ás 16:30 horas no Polideportivo Municipal Daniel Cordido, situado no barrio da Piringalla.

Uns 80 arqueiros de toda Galicia enfrontaranse nunha competición que se desenvolverá en dúas entradas de trinta frechas a unha distancia de 18 metros. Competirán nas modalidade de arco recurvo e poleas dende a categoría infantil ata a de veteranos.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova