Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo participa nas 16 Xornadas Europeas do Patrimonio As muralhas dixitais do Noroeste Peninsular


# Xoves, 25/09/2014
Nestas xornadas farase un balance dos proxectos do programa europeo Muralla Dixital que relaciona o turismo, as murallas e as novas tecnoloxías

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Rosana Rielo, asiste mañá as 16º Xornadas Europeas do Patrimonio organizadas dentro do programa europeo Muralla Dixital e que se desenvolve durante unha única xornada no Arquivo Municipal de Valença do Minho.

Nesta xornadas tamén participan os arqueólogos municipais Enrique González Fernández e Rubén Álvarez Asorey con sendas conferencias. As xornadas que levan por título As murallas dixitais do noroeste peninsular é o primeiro de dous encontros nos que se comezará a facer balance do traballo realizado polos socios do proxecto durante os tres anos que durou o proxecto.

Esta xornada realízase no marco do proxecto Muralla Dixital, cofinanciado nun 75% pola Unión Europea a través dos fondos FEDER dentro do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013. Este proxecto naceu co obxetivo principal de crear unha rede de cidades e vilas amuralladas de Galicia e Norte de Portugal que aposten pola xestión conxunta para a valorización do seu patrimonio histórico-arqueolóxico a través das novas tecnoloxías da información e da comunicación.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova