Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá sábado haberá unha ruta xeolóxica na zona de Portomarín dentro do programa Lugo pedra a pedra


# Venres, 26/09/2014
 Os interesados aínda se poden inscribir e a saída será ás 10 horas na zona peonil da Muralla



 

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que mañá sábado 27 de setembro vaise a celebrar unha nova actividade dentro do programa Lugo Pedra a Pedra.

A actividade consiste nunha excursión pola zona do Camiño de Santiago en Portomarín, concretamente por San Xulián, Vilar, Bagude, ribeiras do río Ferreira e Portomarín. Esta é unha zona moi rica xeolóxicamente e que nun pequeño espazo físico presenta unha amplísima variedade litolóxica única en Galicia.

A saída é ás 10:00 horas da zona peonil da Ronda da Muralla (á altura da Porta de Bispo Aguirre). Os interesados poden inscribirse a través do teléfono 010 (982 297 350 para chamadas de fóra de Lugo) ou na Oficina Municipal de Turismo-CIM (982 251 658), Praza do Campo, 11. Máis información www.lugo.es.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova