Imprimir

MAÑÁ SÁBADO HABERÁ UNHA RUTA XEOLÓXICA NA ZONA DE PORTOMARÍN DENTRO DO PROGRAMA LUGO PEDRA A PEDRA


26/9/2014  Os interesados aínda se poden inscribir e a saída será ás 10 horas na zona peonil da Muralla

 


A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que mañá sábado 27 de setembro vaise a celebrar unha nova actividade dentro do programa Lugo Pedra a Pedra.

A actividade consiste nunha excursión pola zona do Camiño de Santiago en Portomarín, concretamente por San Xulián, Vilar, Bagude, ribeiras do río Ferreira e Portomarín. Esta é unha zona moi rica xeolóxicamente e que nun pequeño espazo físico presenta unha amplísima variedade litolóxica única en Galicia.

A saída é ás 10:00 horas da zona peonil da Ronda da Muralla (á altura da Porta de Bispo Aguirre). Os interesados poden inscribirse a través do teléfono 010 (982 297 350 para chamadas de fóra de Lugo) ou na Oficina Municipal de Turismo-CIM (982 251 658), Praza do Campo, 11. Máis información www.lugo.es.