Imprimir

O CONCELLO DE LUGO CONVOCA 30 PRAZAS PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS LABORAIS EN EUROPA DENTRO DO PROGRAMA LUGOQUALITAS 3


26/9/2014 Os recén titulados interesados deberán presentar unha solicitude a partir do martes 30 de setembro que se abre o prazo de inscrición

O Alcalde de Lugo lembrou que o Concello de Lugo concede unha beca para pagar o aloxamento e o transporte

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, presentaron unha nova edición do programa Lugoqualitas 3 para a realización de prácticas laborais en Europa.

Esta activiade está dirixido a 30 mozos e mozas de entre 18 e 35 anos que conten  cunha titulación académica universitaria ou de formación profesional de Grao superior, sen experiencia profesional previa no campo no que foron formados.

Durante o acto de presentación, López Orozco pediu aos dirixentes da Unión Europea unha reflexión sobre a situación actual laboral dunha “gran cantidade de mozos e mozas menores de 35 anos que están moi preparados e formados e que teñen  moi complicado o acceso ao mercado laboral”. Ademais lembrou que “os estudantes españois son un dos mellores preparados e en lugar de que fagan un servizo en España teñen que marchar a outros paises en busca de oportunidades laborais”.

“Con estas becas queremos que vaian a Europa pero para aprender e coñecer novas experiencias e novas formas de traballar pero sempre coa única finalidade de que volvan a España e Galicia para desenvolver todo o aprendido” segundo o Alcalde.

O obxectivo xeral do proxecto é fomentar a inserción laboral da mocidade lucense, mediante a organización de estancias internacionales durante 14 semanas, nas que se incluen 3 semanas dun curso de idioma do país de destino e unhas prácticas profesionais de calidade en empresas durante 11 semanas. Nesta ocasión as 30 prazas repártense entre as cidades de Belfast no Reino Unido, Florencia en Italia e Viena en Austria, onde desenvolverán prácticas en empresas relacionadas coa formación recibida segundo explicou Esther Muñóz.

Este programa financia o viaxe de ida e volta, o aloxamento, os cursos de linguas, a titorización nas empresas receptoras e unha dotación económica de 450 euros para gastos.

O prazo para solicitar unha das prazas comeza o martes 30 de setembro despois de que o luns se colguen as bases no Taboleiro de Edictos do Concello de Lugo e o prazo será de 15 días naturais.

Lugoquálitas 3 é o tercer proxecto de estas características que se implementa desde o Concello de Lugo. Os anteriores tiveron unha alta satisfacción por parte das persoas que participaron . En concreto, no último (Lugoquálitas 2) houbo unha inserción laboral de máis do 20% . Este proxecto concedido ao abeiro do Programa de Aprendizaxe permanente “Leonardo da Vinci” a través do Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos (OAPEE).

As instancias estarán dispoñibles en Atención Cidadá, en Espazo>lab e poden descargarse das páxinas web: www.lugo.es/espazolab ; www.lugo.es/europedirect  e www.lugo.es .