Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde participará nunha Xornada da FEMP sobre colaboración das Policías Locais e as Forzas de Seguridade


# Luns, 29/09/2014


O Alcalde, José López Orozco, inaugurará mañá as XVII Xornadas sobre colaboración das Policías Locais e as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que organiza a Federación Española de Municipios e Provincias e a Dirección Xeral da Garda Civil.

As xornadas vanse celebrar en Valencia os días 30 de setembro e 1 de outubro e nelas trataranse temas como a colaboración en materia de Policía Xudicial, as novas tecnoloxías aplicadas á seguridade vial, o control de masas en espectáculos, así como a trata de seres humanos e o exercizo da prostitución na vía pública.

O Alcalde, que preside a Comisión de Seguridade da FEMP, explicou que o obxectivo das Xornadas é o de debater e reflexionar sobre os problemas e retos que presenta a seguridade pública en España, e a coordenación entre as distintas forzas e corpos de seguridade.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova