Cargando....
Concello de Lugo
01/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo informa aos pequenos empresarios sobre a tramitación das convocatoria de axudas a microempresas


# Luns, 29/09/2014
O Concelleira de Economía informou que o próximo martes 7 de outubro haberá unha nova reunión sobre esta convocatoria municipal

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Rosana Rielo, asistiu esta maña a primeira das reunións informativas organizadas polo Concello de Lugo no Cei-Nodus para explicar e aclarar todas as dúbidas sobre a convocatoria de axudas a microempresas.

Durante o acto, técnicos municipais, explicaron a tramitación e os requisitos que teñen que cumprir todos aqueles pequenos negocios que teñen interese en participar destas axudas a microempresas que puxo en marcha o Concello de Lugo con fondos propios.

A Concelleira de Economía invitou “a todos os interesados en participar e preguntar xa que o Concello fai un gran esforzo para dinamizar o pequeno comercio e pequena empresa con estas axudas por 450.000 euros”.

Rosana Rielo tamén informou a todos aquelas persoas con microempresas que teñen algún tipo de dúbida en relación con dita convocatoria e a súa solicitude poderán asistir a unha segunda reunión informativa que se celebrará no CEI-Nodus o martes 7 de outubro. Asi mesmo, durante o acto tamén se lles informou que o primeiro luns de cada mes ás 12:30 se celebranse xornadas informativas sobre o emprendemento e as axudas que se convocan dende as diferentes administracións.

Con esta liña de axudas o Concello destina 450.000 euros para subvencionar accións dedicadas ao comercio e pequenas empresas lucenses xa que se trata dun sector moi importante que xenera emprego, dinamiza barrios e rúas. Hai dúas liñas de axudas unha para investimento como son obras, maquinaria, mobiliario, ou equipamento informático, e outra liña para subvencionar gastos de persoal derivados da contratación de persoas desempregadas.

Poderán solicitar esta liña de axudas as microempresas, con menos de 10 persoas e que xeren como máximo 2 millóns de euros, e que desenvolvan a súa actividade dentro do municipio de Lugo, excluida a zona URBAN. A axuda poderá ser de ata o 50% do total dos gastos e se están promovidos por unha muller, incrementaráselles a subvención nun 5% máis, ata un máximo do 55%.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova