Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Cemiterio Municipal de San Froilán acollerá un percorrido nocturno polas tumbas de persoeiros ilustres


# Luns, 29/09/2014
 Manuel Núñez presentou a II edición do Concurso fotográfico sobre o Cemiterio Municipal e o I Concurso de epitafios Unha palabra, unha emoción



Imaxe Asociada
 O Concelleiro de Servizos Xerais e Participación Cidadá, Manuel Núñez, presentou esta mañá varias actividades relacionadas co Cemiterio Municipal e que comezarán no próximo mes de outubre.

Unha das novidades será a celebración do I Concurso de Epitafios Unha palabra, unha emocion  co fin de potenciar o uso de epitafios no Cemiterio Municipal. O Concelleiro explicou que son un elemento que humaniza e potencia o valor emocional dos cemiterios coas que se honra a memoria do defunto. O prazo de inscrición é dende o 1 de outubro ata o 24 de outubro no Negociado de Cemiterio.

Neste concurso tamén se admitirán as reflexións en clave de humor, inxenio ou  ironía, sendo rexeitadas aquelas que conteñan frases ou palabras soeces ou cun contido claramente ofensivo. Cada participante poderá presentar un máximo de tres epitafios inéditos e orixinais para este evento, non podendo estar publicados en calquera medio con anterioridade á data de convocatoria e achegarase en soporte papel ou dixital, cunha extensión máxima de 10 liñas. As propostas a concurso poderán presentarse presencialmente ou por correo electrónico e establécense dous premios, o primeiro dotado de 150 € e o segundo de 75 €.

Manuel Núñez tamén anunciou que “está previsto coas obras presentadas crear un novo espazo no cemiterio adicado á súa exposición permanente que se denominará Paseo dos Epitafios, para que formen parte de forma del sempre”

 II Concurso Fotografía
O Concelleiro de Servizos Xerais tamén presentou o II Concurso de Fotografía Estampas de paz e acougo, co que se pretende dar prestixio e potenciar a imaxe do recinto do Cemiterio de San Froilán, e dos seus aspectos monumentais, paisaxísticos e incluso emocionais a través das “estampas de paz e acougo”. 

Neste caso, o prazo para inscribirse neste concurso será dende o 20 de outubro ata o 4 de novembro. Cada participante poderá presentar un máximo de tres fotografías inéditas e orixinais para este evento; non poderán estar publicadas en calquera medio con anterioridade á data de convocatoria. As fotografías poderán realizarse pola persoa concursante no horario de apertura ao público do recinto. Coma no ano anterior establécese un primeiro premio dotado de 250 €, un segundo de 150 € e un terceiro de 75 €.

 Visita Nocturna Tumbas ilustres
Outras das novidades deste ano é a organización dunha visita guiada nocturna ao cemiterio de San Froilán o día 29 de outubro e na que se realizará un percorrido polas tumbas de persoeiros ilustres de Lugo, como son as de Xoan Montes, Luis Pimentel, Gustavo Freire, Uxio Novoneyra ou Ánxel Fole. Ademais está ambientada con música de violín e poesías.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova