Imprimir

O ALCALDE INAUGUROU ESTA MAÑÁ A XORNADA DA FEMP NA QUE SE TRABALLOU SOBRE A COLABORACIÓN DAS POLICÍAS LOCAIS E AS FORZAS DE SEGURIDADE


30/9/2014

O Alcalde, José López Orozco, participou esta mañá na inauguración das XVII Xornadas sobre colaboración das Policías Locais e as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que organiza a Federación Española de Municipios e Provincias e a Dirección Xeral da Garda Civil. No acto tamén participaron o Director Xeral da Garda Civil, Arsenio Fernández de Mesa, e o Delegado do Goberno de Valencia, Serafín Castellano Gómez, ademais de diferentes cargos da Garda Civil.

López Orozco, que preside a Comisión de Seguridade da FEMP, sinalou a “importancia da formación nunha sociedade en crise e nunha sociedade en evolución e especialmente nas forzas e corpos do Estado xa que axuda a anticiparse a futuros problemas”. Ademais explicou que a finalidade última é traballar para seguir garantindo a seguridade e a liberdade dos cidadáns.

Estas xornadas que se celebran en Valencia trátanse temas como a colaboración en materia de Policía Xudicial, as novas tecnoloxías aplicadas á seguridade vial, o control de masas en espectáculos, así como a trata de seres humanos e o exercizo da prostitución na vía pública.