Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Casa da Xuventude acolle preto de 30 novos cursos e obradoiros de lingas, cociña e habilidades


# Mércores, 01/10/2014
O prazo de inscrición está aberto dende hoxe e ata o 16 de outubro na Casa da Xuventude

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou esta mañá a programación de actividades para o vindeiro semestre da área de Xuventude.

Así, durante o próximo semestre, celebraranse obradoiros de calceta, de albums de fotos, ou de decoración con washi tape. Neste mesmo espazo tamén se ofrecen  cursos de linguas como o alemán e inglés e de informática. A inscrición podese facer na propia Casa da Xuventude ata o 16 de outubro, as actividades terán lugar a partir das 19:30 horas.

Un ano máis, os mozos e mozas interesadas, poderán matricularse na iniciacion ao autocad, ao contaplus e aos retoques fotográficos,  ademais de a diferentes idiomas como o alemán e o inglés que contarán cun número total de 60 horas e un prezo de 20 euros. Tamén haberá actividades para os máis activos e deportistas como danza do ventre, zumba, ioga ou pilates.

Como novidade tamén haberá cursos de cociña para todos aqueles mozos e mozas de 14 a 35 anos que queiran descubrir os segredos culinarios da cociña india, vegana, xaponesa ou de pinchos e tapas. Ademais tamén haberá un obradoiro de Postres sen culpa que está dirixido a persoas que queiran coñecer postres orientados a persoas con alerxias alimentarias ou diabete.

Asesorias Xuvenis

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua tamén informou que a partir do luns 13 de outubro os mozos e mozas interesados en solventar algunha dúbida poderán facelo nas Asesorias Xuvenís. Así, a asesoria psicolóxica, poderá resolver conflictos familiares ou dar pautas de comportamento, entre outros temas, os martes e venres de 18 a 20 horas. Para as dúbidas xurídicas de calquera tipo a asesoría estará en funcionamento os luns e mércores de 19.30 a 21 horas, na Oficina de Información Xuvenil situada no Centro de Convivencia Uxio Novoneyra.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova