Imprimir

MAÑÁ PRESENTARASE A 17ª EDICIÓN DE XISTRAL, REVISTA LUCENSE DE CREACIÓN POÉTICA, PUBLICADA POLO CONCELLO DE LUGO


1/10/2014 Este número recolle poesías de 53 poetas, e leva ademais catro ilustracións en cores obra da artista lucense Noa Persán

Mañá, xoves 2 de outubro, ás 20:00 horas preséntase no Salón de Plenos do Concello de Lugo o número 17 de XISTRAL, Revista Lucense de Creación Poética, publicada pola Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre.

Este número recolle poesías de 53 poetas, e leva ademais catro ilustracións en cores obra da artista lucense Noa Persán.

No acto de presentación, que será conducido polo coordinador da revista, Camilo Gómez Torres, participará a Concelleira de Cultura. Tamén terá lugar un recital de poetas que publicaron neste número.