Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Aberto o prazo de inscrición en diferentes actividades de patinaxe dirixidas a todos os públicos e organizadas polo club patíns Lóstrego


# Xoves, 02/10/2014
Haberá actividades de patín liña, patinaxe artística, equipos de hóckey liña, mini patíns, másters de adultos e patinaxe familiar

A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, comunica que se abriu o prazo de inscrición en varias actividades deportivas de patinaxe e dirixidas a todos os públicos. Estas actividades están organizadas polo Club Patíns Lóstregos.

No Pavillón Municipal Daniel Cordido, situado no barrio da Piringalla, celebraranse as escolas deportivas de patín liña os luns e mércores. Os alumnos de 2002 a 2010 participarán das 18:00 ás 19:00 horas e os de 2001 e anos anteriores das 19:00 ás 20:00 horas.

Nestas instalacións tamén participarán as categorías inferiores dos equipos de hóckey liña os martes das 19:00 ás 20:30 horas e os xoves das 19:30 ás 20:30 horas.

No Pavillón Municipal do Palomar terán lugar as escolas deportivas de patinaxe artística os luns das 17:00 ás 19:00 horas.

Nas instalacións deportivas do IES Ánxel Fole haberá mini patíns para nenos e nenas de 3 a 5 anos os sábados das 12:30 ás 13:30 horas.

No Polideportivo do CEIP Paradai celebraranse másters de adultos os martes e xoves das 20:15 ás 22:00 horas. E tamén terá lugar a patinaxe familiar para todos os martes das 19:00 ás 20:15 horas.

As persoas interesadas en participar poden acudir presencialmente ás instalacións deportivas cando se realice a actividade correspondente.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova