Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Cultura asistiu a un encontro con alumnos internacionais que estudan este curso algún título de grao no campus de Lugo


# Xoves, 02/10/2014
Para o curso 2014/2015 máis de cen alumnos de Europa, Asia e América estudiaran nas facultades lucenses

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, asistiu esta mañá  a un encontro con alumnos internacionais que estudan algún grao nas facultades de Lugo. No acto tamén participaron, entre outros, o Vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema e o Deputado da de Cultura e Turismo da Deputación Provincial de Lugo, Mario Outeiro.

Os centros universitarios do campus de Lugo recibiron este curso un total de 102 novos estudantes de grao e posgrao estranxeiros, procedentes dun total de 16 países de Europa, Latinoamérica e Asia, segundo se puxo de manifesto na recepción ao estudantado estranxeiro celebrada na Facultade de Administración e Dirección de Empresas de Lugo.

Carmen Basadre deulles a benvida e sinalou que “o Concello de Lugo ten o firme compromiso de estar sempre coa Universidade e máis aínda nos tempos de recortes económicos que nmos afectan a todas as persoas e institucións”. Ademais tamén lles explicou que “en Lugo van a atopar todo o apoio dos vosos compañeiros universitarios e dos profesores”.

Neste acto os estudantes foráneos recibiu cumprida información sobre o amplo abano de programas e servizos que lles ofrece a USC no campus de Lugo, así como da oferta cultural e lúdica promovida polo Concello e a Deputación Provincial de Lugo.

Respecto da procedencia do estudantado estranxeiro que formalizou este curso a súa matrícula nalgún dos títulos de grao ou posgrao impartidos en Lugo, 66 proceden de Latinoamérica, mentres que 33 son de países do continente europeo e outros 3 chegan a Lugo desde Asia.

A comunidade estudantil estranxeira máis numerosa no campus de Lugo é a de México, con 37 estudantes. Italia (22), Brasil (17), Alemaña (4), Chile (4) Arxentina (3), Colombia (3), Reino Unido (3), Venezuela (2), completan a lista países estranxeiros representados este curso entre o estudantado do campus de Lugo, no que tamén contan con cadanseu estudante Francia, Irlanda, Polonia, Portugal, Indonesia, Siria e Bangladesh.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova