Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Festiclown encherá de sorrisos e diversión as rúas da cidade durante a semana do San Froilán


# Xoves, 02/10/2014
Entre o 3 e o 11 de outubro ademais das máis de 20 actividades tamén se realizarán exposicións solidarias no Uxio Novoneyra e cursos de formación.

Imaxe Asociada
Entre o 3 e o 11 de outubro ademais das máis de 20 actividades tamén se realizarán exposicións solidarias no Uxio Novoneyra e cursos de formación


A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada polo Xerente de Agadic, Jacobo Sutil, e por Nacho Fungueiriño e Manuel Roxo, membros de Paiasos en Rebeldía, presentaron unha nova edición do Festiclown Lugo 2014 que se celebrará entre os días 3 e 11 de outubro.

Máis de vinte actuacións encherán de sorpresas, risas e compromiso social as rúas da cidade lucense esta cita co clown e que está organizado por Pallasos en Rebeldía e dirixido polo clown Iván Prado e que ademais neste 2014 celebra o seu quince aniversario.

Carmen Basadre sinalou que “ademais de rir e pasar un bo momento tamén é unha boa acción para solidarizar e coñecer os sorrisos que reparten en zonas en situación de conflicto como pode ser Palestina”. Ademais tamén “agardo que as persoas que nos visiten durante o San Froilán desfruten dasta actividade de clown” segundo a Concelleira.

En Lugo recibiremos a visita de clowns e artistas de prestixio internacional como Peter Punk, Os Sete Magníficos máis 1, Código Morsa, Circo Chosco, a Magnifique Bande dos Homes sen Medo, Fanfarria Taquicardia ou o alemán  Djuggledy serán algúns dos artistas que interveñan. O Festival comezará coa actuación de Código Morsa o sábado 4 na Praza do Campo a partir das 17 horas, co espectáculo.

O Festiclown divide a súa programación nunha serie de apartados o primeiro deles é a Mostra Internacional, que contará coa participación do clown Peter Punk, da formación Mundomandarina, do mago Miguelillo e do artista alemán Djuggledy. O segundo apartado é o Desclowntrol nas rúas, que se encarga de animar Lugo con pasarrúas, actuacións ao aire libre e música como as Magnifique Bande dos Homes sen Medo ou Fanfarria Taquikardia.
 
O terceiro apartado é o dedicado ao ámbito social e en Lugo estará constituído por unha mesa redonda, na que se analizará a situación teatral en Lugo e a fronteira entre a escena profesional e a amadora. Ademais, o Centro Cultural Uxío Novoneyra acollerá unha mostra sobre as actividades levadas a cabo en Palestina por Festiclown. Tamén está prevista a proxección do documental Tres miradas, dous obxectivos no mesmo recinto, un documental asinado por varios autores sobre a situación nos territorios ocupados. 

Outro dos apartados máis importantes do Festiclown dende a súa fundación fai quince anos é o dedicado á formación. Será o propio Iván Prado quen imparta un curso en sesión partida entre o venres 10 e o sábado 11 titulado Pallaseando a existencia no Centro de Cultura Uxío Novoneyra. Os interesados poden inscribirse no teléfono 981582836, en infoarrobafesticlown.org  ou na web www.festiclown.org


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova