Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Presentado o número 17 de XISTRAL, Revista Lucense de Creación Poética, que publica o Concello de Lugo


# Xoves, 02/10/2014


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presidiu esta tarde na Casa do Concello no acto de presentación do número 17 de XISTRAL, Revista Lucense de Creación Poética, que publica o Concello de Lugo. No acto, celebrado no Salón de Plenos, tamén participaron a Deputada provincial de Economía, Pilar García Porto, e o Coordenador de Xistral Camilo Gómez Torres.

Basadre destacou que ó Concello “complácenos por voz e dar participación ós poetas, tanto ás novas xeracións como ós xa consagrados”.

A Concelleira de Cultura deulle os parabéns ós poetas participantes neste número e agradeceu expresamente o labor que desenvolve Camilo Gómez Torres para facer posible a continuidade desta publicación.

A presentación do número 17 de XISTRAL, que recolle poesías de 53 poetas e leva, ademais, catro ilustracións en cores obra da artista lucense Noa Persán, completouse cun recital de poetas que publicaron neste número.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova