Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Continúan as competicións deportivas dentro das actividades previstas no programa do San Froilán 2014


# Venres, 03/10/2014
Este venres haberá unha velada de boxeo e o sábado celebrarase o VI Torneo Squash San Froilán e o XL Torneo San Froilán de Judo

A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, informa que durante os próximos días continúan as actividades deportivas previstas no programa das festas do San Froilán 2014.

Este venres, día 3 de outubro, ás 22:00 horas terá lugar unha velada de boxeo no Polideportivo Municipal Daniel Cordido, situado no barrio da Piringalla. A velada está organizada polo Boxing Club Cidade de Lugo. Haberá sete combates de boxeo olímpico e un combate de boxeo profesional de peso supergallo 4x3.

O sábado, día 4 de outubro, dende ás 9:45 no Pazo Provincial dos Deportes celebrarase o VI Torneo Squash San Froilán. Os primeiros partidos do cadro na categoría masculina están previstos para a hora de comezo desta competición e o cadro feminino a partir das 11:30 horas. As finais están previstas para as 20:30 horas.

O XL Torneo San Froilán de Judo tamén se celebrará o sábado dende as 17:00 horas no Pavillón Municipal dos Deportes. Participarán as categorías cadete por equipos e senior individual, tanto masculino como feminino.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova