Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Hoxe comeza a semana de festas do San Froilán co desfile de gando, o pregón e o concerto de Les Tambours du Bronx


# Sábado, 04/10/2014
Carmen Basadre invitou a todos os veciños e veciñas e  visitantes “a que desfruten das numerosas actividades de rúa e concertos que vai haber na cidade durante esta semana”

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
As 23 horas tamén haberá un concerto no Patio do Seminario da artista galega Sés


O Alcalde, José López Orozco, e a Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre,  acompañada por membros da Corporación Municipal participaron nos actos que abren as festas do San Froilán 2014.

O primeiro deles foi un desfile pola Praza Maior de exemplares das razas autóctonas galegas dende a vaca rubia, cans de palleiro, porco celta, galiña de mos e maquinaria agrícola recuperada dos anos 60 e 70 e que congregou un numeroso grupo de público. Carmen Basadre agradeceu “a todas as asociacións que participaron neste desfile e invitou a todas as persoas a desfrutar das festas do San Froilán”.

A continuación, as festas comezaron de forma oficial co pregón a cargo de Pedro Revaldería, conselleiro delegado de Producciones Mandarina e de Super Sport TV, que fixo un decálogo das festas e dos bos momentos que el pasou mentres era neno na cidade de Lugo.

Tamén se inaugurou a I Feira de Gastronomía e Artesanía situada ao longo da Avenida de Ramón Ferreiro e na que participan 32 postos coas mellores mostras de gastronomía e artesanía tanto de Galicia como dende outros puntos de España. Estará aberto ata o domingo dia 12 de outubro.

Este noite actuará o grupo Les Tambours du Bronx que presentan un espectáculo de música e sons metálicos realizados por 17 músicos franceses que con diferentes instrumentos realizan composicións impresionantes. Este grupo leva a súa música a diferentes zonas do mundo visitando todos os continentes.

“O San Froilán son unhas festas moi esperadas por todos asi que o único que desexamos é que as disfruten xa que tratamos de conxugar actividades para todas as idades e gustos” e Carmen lembrou que “tamén se vai conxugar a festa e os concertos co espazo para o descanso dos veciños”.

Asi, as persoas que acudan ao San Froilán 2014, poderán desfrutar de máis de 200 actividades para todas as idades que animarán as diferentes rúas da cidade, tanto no centro como nos diferentes barrios. Nestes sete dias de festas actuarán grupos de diversos estilos musicais e que ademais de concertos realizarán os pasarrúas, charangas e grupos de música tradicional. Ademais tamén haberá teatro co Festiclown, a feira medieval ou bandas de música.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova