Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Ainda esta aberto o prazo para participar na convocatoria de axudas para microempresas que conta cun orzamento de 450.000 euros


# Domingo, 05/10/2014
 

O Concello de Lugo informa que aínda está aberto o prazo para participar na convocatoria de axudas ás microempresas. Trátase dunha medida de apoio a novas inversións e fomento da creación de emprego nun sector que sofre as consecuencias da crise económica. O prazo de solicitude remata o venres 10 de outubro.

Para esta actuación o Concello destina 450.000 euros para subvencionar accións dedicadas ao comercio e pequenas empresas lucenses xa que se trata dun sector moi importante que xenera emprego, dinamiza barrios e rúas.

Poderán solicitar esta liña de axudas as microempresas, con menos de 10 persoas e que xeren como máximo 2 millóns de euros, e que desenvolvan a súa actividade dentro do municipio de Lugo, excluida a zona URBAN. A axuda poderá ser de ata o 50% do total dos gastos e se están promovidos por unha muller, incrementaráselles a subvención nun 5% máis, ata un máximo do 55%. Hai dúas liñas de axudas unha para investimento como son obras, maquinaria, mobiliario, ou equipamento informático, e outra liña para subvencionar gastos de persoal derivados da contratación de persoas desempregadas.

O formulario pode obterse no Rexistro Xeral do Concello e na web www.lugo.es .



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova