Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo realiza unha nova reunión informativa sobre a tramitación das convocatoria de axudas a microempresas


# Martes, 07/10/2014
Con esta liña de axudas o Concello destina 450.000 euros para subvencionar accións dedicadas ao comercio e a pequenas empresas lucenses

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Esta mañá celebrouse a segunda das reunións informativas organizadas polo Concello de Lugo no Cei-Nodus para explicar e aclarar todas as dúbidas sobre a convocatoria de axudas a microempresas. Nesta reunión participou a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Rosana Rielo.

Durante a xuntanza, os técnicos municipais, explicaron a tramitación e os requisitos que teñen que cumprir todos aqueles pequenos negocios que teñen interese en participar destas axudas a microempresas que puxo en marcha o Concello de Lugo con fondos propios.

Rosana Rielo tamén informou que o primeiro luns de cada mes ás 12:30 se celébranse xornadas informativas sobre o emprendemento e as axudas que se convocan dende as diferentes administracións.

Con esta liña de axudas o Concello destina 450.000 euros para subvencionar accións dedicadas ao comercio e pequenas empresas lucenses xa que se trata dun sector moi importante que xera emprego, dinamiza barrios e rúas. Hai dúas liñas de axudas unha para investimento como son obras, maquinaria, mobiliario, ou equipamento informático, e outra liña para subvencionar gastos de persoal derivados da contratación de persoas desempregadas.

Poderán solicitar esta liña de axudas as microempresas, con menos de 10 persoas e que xeren como máximo 2 millóns de euros, e que desenvolvan a súa actividade dentro do municipio de Lugo, excluída a zona URBAN. A axuda poderá ser de ata o 50% do total dos gastos e se están promovidos por unha muller, incrementaráselles a subvención nun 5% máis, ata un máximo do 55%.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova