Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo pon en marcha os programas de prevención de drogodependencias en centros educativos


# Mércores, 08/10/2014
Os días 19 e 26 de outubro terá lugar un curso de inicio ao deporte de orientación na Casa da Música

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción a Lingua, dirixida por Carmen Basadre, informou esta mañá do inicio do prazo de solicitude para colexios e institutos de Lugo para participar nos diferentes obradoiros de prevención de drogodependencias.

O programa dirixido para nenos e nenas de primaria ten diferentes actividades como son os obradoiros de saúde na escola que constan de tres sesións para explicarlles os danos das drogas na saúde e como evitalas. Tamén se realiza un programa de Prevención Órdago para 1 e 2 da ESO no que se traballa contridos como a presión do grupo, a toma de decisións, o consumo e a publicidade, crenzas, actitudes ou autoestima.

Ademais tamén haberá talleres de prevención de drogas para as familias dirixida especialmente a pais e nais do último ciclo de primaria e da ESO para informar e sensibilizar as familias sobre o papel educador de cara a prevención de drogas.

Para alumnos de ESO e Bacharelato creouse o programa PreviLugo, un programa de prevención de drogodependencias co obxetivo da previr, informar e formar aos seus alumnos. Para este curso ofrécense cursos de Educación Afectivo-Sexual, Técnicas de Estudo, Resolución de Conflictos e Habilidades Sociais. Ademais tamén se van realizar charlas formativas sobre a boa alimentación, as redes sociais, o conflito ou o acoso escolar en todos os centros que o soliciten.

Curso de Orientación
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, tamén informou que xa está aberto o prazo para inscribirse nun curso de Iniciación á Orientación que se vai a celebrar os días 19 e 26 de outubro na Casa da Música.

Esta actividade que está impartida pola tres veces Campiona Galega de Orientación, Teresa Bellón, dará as nocións básicas para comezar no deporte de orientación en horario de 9 a 14 e de 16 a 21 horas. O prazo de inscrición remata o 17 de outubro e o prezo é de 20 euros e realizarase na Casa da Xuventude.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova