Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo mantivo unha xuntanza con familiares de usuarios do Centro de día Antonio Gandoy que amosaron a súa satisfacción co servizo


# Mércores, 08/10/2014


A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, participou esta tarde nunha xuntanza convocada polo Concello con familiares de usuarios do Centro de día Antonio Gandoy. 

Na reunión participaron 43 das 52 familias que foran convocadas polo Concello, coa intención de coñecer de primeira man a súa opinión sobre o servizo de Centro de día. 

Unha vez escoitadas as opinións das familias, éstas coincidiron na súa postura e transmitíronlle ó Concello que están contentos co servizo, tanto de Centro de día, como de transporte e de comida, e que nunca detectaron nel ningunha anomalía como as reflectidas nos últimos días polos medios de comunicación. 

Por parte do Concello, explicouselles ás familias a necesidade de que a Xustiza actúe con independencia para que poida despexar calquera sombra de dúbida. 



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova