Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde entrega o premio da campaña Cremos en Lugo, organizada polo Banco SabadellGallego


# Xoves, 09/10/2014
O obxectivo desta campaña foi apoiar ao comercio da cidade baixo o lema "Crer nos comercios de Lugo é crer en Lugo"

Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, e o Director Comercial do Banco SabadellGallego, Alfredo Fernández, entregaron hoxe o premio da campaña Cremos en Lugo, organizada pola entidade financieira coa colaboración do Concello, consistente nun cheque por importe de 3.000 euros. O gañador deste cheque, Gael Roca, terá que gastar os 3.000 euros do premio nos establecementos comerciais da cidade.

O obxectivo desta campaña foi apoiar ao comercio da cidade baixo o lema “Crer nos comercios de Lugo é crer en Lugo”. A esta iniciativa sumáronse 391 establecementos e durante un mes os clientes dos comercios da cidade depositaron máis de 40.000 boletos nas urnas que se lles proporcionaran.

Esta campaña contou coa colaboración do Concello de Lugo e foi organizada polo Banco SabadellGallego co fin de promocionar a imaxe da cidade e de animar ós lucenses a realizar as súas compras nos comercios de proximidade.

Durante a camapaña tamén se distribuiron máis de 10.000 bolsas ecolóxicas cun deseño exclusivo de Javier Mariscal.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova