Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Mercado de Abastos estreouse co I Concurso de Polbeiros e Polbeiras do San Froilán


# Xoves, 09/10/2014
Os cociñeiros do Grupo Nove, Héctor López e Álvaro Villasante, levaron a cabo un showcooking no que elaboraron de diferentes formas o polbo

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o Concelleiro de Servizos Xerais e Participación Cidadá, Manuel Núñez, asistiron ao I Concurso de polbeiros e polbeiras do San Froilán 2014 que se celebrou durante esta tarde no Mercado de Abastos de Lugo.

O concurso ten como obxectivo incentivar e premiar os coñecementos e habilidades das polbeiras e polbeiros profesionais de Galicia en materia de elaboración do denominado “polbo á feira”, prato tradicional do San Froilán. O xurado analizará o sabor, a textura e punto de cocción, o adobo, e o corte e a presentación final do polbo.

O primeiro premio está dotado con 600 euros en metálico e o segundo dun aloxamento dunha noite con circuito termal no Balneario de Lugo para dúas persoas. O gañador foi Adriano Cubelos da Taberna Sil en Ponferrada.

Ademais participaron tamén Amador Costa da Pulperia Porta de A Estrada e Abel González da Pulpería Martín do Carballiño.

Antes deste concurso celebrouse un showcooking  organizado por Héctor López do Restaurante España e Álvaro Villasante (Restaurante Paprica) no que os cociñeiros do Grupo Nove fixeron demostracións doutras formas de elaboración deste cefalópodo. E para os nenos e nenas houbo unha sesión de maxia co Mago Teto.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova