Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os Alcaldes de Lugo e Ferrol reivindican a chegada do AVE ás dúas cidades nos discursos que pronunciaron con motivo da celebración do Día do Ferrol nas festas de San Froilán


# Sábado, 11/10/2014


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Os Alcaldes de Lugo, José López Orozco, e Ferrol, José Manuel Rey Varela, presidiron hoxe os actos conmemorativos do Día do Ferrol nas festas de San Froilán, nos que participaron membros das dúas Corporacións municipais.

O acto central co que se renovaron os históricos lazos de irmandade que unen ás dúas cidades tivo lugar esta mañá, na Casa do Concello, e consistiu na tradicional recepción ofrecida pola cidade de Lugo á cidade do Ferrol.

No acto participaron, xunto cos dous Alcaldes e membros de ambas as dúas  Corporacións municipais, numerosos veciños e veciñas chegados do Ferrol para  desfrutan, neste sábado, das festas de San Froilán, así como representantes dos Colexios de Arquitectos de ambas as dúas cidades.

No discurso que pronunciou con motivo da recepción, o Alcalde de Lugo reivindicou a chegada do AVE ás dúas cidades que, dacordo cos planes do Goberno, quedan excluídas da Alta Velocidades.

“Alegrámonos de que o AVE chegue a Galicia pero Lugo e Ferrol non queren quedar fóra”, reclamou José López Orozco e engadiu que as dúas cidades ”necesitamos dispor desa comunicación para poder desenvolver as nosas potencialidades”.

O Alcalde de Lugo tamén se referiu á longa crise que sofre un sector de vital importancia para a economía ferrolá como é o naval. Respecto desta cuestión, López Orozco defendeu a necesidade de que a Unión Europea, o Goberno de España e a Xunta de Galicia  “se dean conta, dunha vez, do que este sector significa para Ferrol”.

López Orozco amosou o apoio do pobo de Lugo ó de Ferrol na defensa do sector naval, xa que, dixo, “dende Lugo queremos o mellor para vós, porque somos bos veciños e sabemos que o merecedes polo voso bo facer, e tamén porque somos conscientes de que, na medida que vos vaia ben a vós, tamén nos irá ben ós demais”.

Tamén reivindicou o Alcalde de Lugo o papel da política municipal e, concretamente, o labor dos alcaldes na defensa do servizo público. Defendeu, neste sentido, a importancia do exercizo da política como “traballo sosegado e pacífico ó servizo dos nosos veciños”.

López Orozco fixo estas reflexións tendo en conta que “vivimos unha época na que moitos alcaldes e políticos estamos en determinados puntos de mira”. Neste sentido, o Alcalde de Lugo puxo o énfase na necesidade de que “máis pronto que tarde quede despexada calquera sombra de sospeita”.

Pola súa parte, o Alcalde de Ferrol tamén se referiu, no transcurso do seu discurso, á chegada do AVE a Galicia e salientou que ésta “é unha preocupación compartida polas dúas cidades”.

Ademáis, Rey Valera indicou que Lugo e Ferrol son “as dúas cidades chamadas a liderar o Norte de Galicia” e constitúen un eixo de riqueza “ó que non podemos renunciar”.

“Por iso, é importante coindicir e reivindicar a Galicia do Norte”, dixo o Alcalde de Ferrol, que destacou, tamén, a importancia do labor que desenvolven os concellos por ser a administración más próxima ós veciños e veciñas.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova