Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo recibe unha medalla polo seu traballo en materia de saúde ambiental


# Luns, 13/10/2014
O Alcalde de Lugo participou na inauguración do V Congreso Galego de Medio Ambiente e Saúde

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asistiu esta mañá á inauguración do V Congreso Galego de Medio Ambiente e Saúde onde se entregou unha medalla ao Concello de Lugo pola súa labor en saúde ambiental.

López Orozco agradeceu este recoñecemento e sinalou que “dende o Goberno Local e coa inestimable axuda dos funcionarios o Concello de Lugo invertiu presuposto e tempo para mellor a calidade medioambiental do municipio, como é a mellora da calidade da auga ou o tratamento de residuos”.

Este congreso que se enmarca dentro da iniciativa Programa Galego de Municipios Saudables e Sostibles 2000-2014 que puxo en marcha o profesor galego Francisco Peña  e que xa celebrou 5 congresos e 54 cursos en Galicia, dos que 3 foron na cidade de Lugo.

Ao longo de tres días 40 ponentes e máis de 200 congresistas de 70 concellos diferentes estudiarán o estado de saúde ambiental, a calidade do aire, a situación da masa forestal, o cambio climático, o coidado da imaxe ecolóxica de empresas ou a xestión de residuos.

No acto de inauguración tamén estiveron presentes a Delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, o Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, o Vicerreitor do Campus de Lugo, Javier Bueno, o representante da Sociedade Española de Sanidad Ambiental, Ángel López Amorín, e o organizador do Congreso, o profesor Francisco Javier Peña.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova