Imprimir

MAÑÁ COMEZAN AS ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN VIAL QUE ORGANIZA O CONCELLO DE LUGO NOS COLEXIOS DO MUNICIPIO


13/10/2014 Estas actividades serán impartidas por monitores do parque Infantil de Tráfico en 22 centros escolares

Mañá comezan as actividades de educación vial para escolares organizadas polo Concello de Lugo. Estas actividades serán impartidas por monitores do Parque Infantil de Tráfico en 22 colexios do municipio.

As actividades constan dunha parte teórica, que se imparte nos propios centros escolares por parte dos monitores do PIT, nas que participan 22 colexios.

Despois haberá outra parte práctica que con actividades que se desenvolverán nas pistas do PIT, situadas no Parque da Milagrosa. Nestas actividades participan 14 centros.