Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O San Froilán 2014 remata con éxito de asistencia nas máis de 200 actividades programadas


# Luns, 13/10/2014
Durante a semana de festas pasaron pola I Feira de Gastronomia e Artesanía unhas 30.000 persoas aproximadamente

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da lingua, Carmen Basadre, fixo un balance dos nove días de festas do San Froilán 2014 que remataron o domingo 12 de outubro e que, un ano máis, volveron a contar con numerosos veciños e visitantes que participaron nas actividades programadas.

Carmen Basadre sinalou que “a pesar de que este ano o tempo non nos acompañou quedamos satisfeitos cunhas festas nos que se programaron actividades para todos os gustos e idades”. “Creo que foi de notable alto pero temos que seguir traballando para que sexa de matricula de honra xa que é a nosa meta e seguramente teñamos que correxir cousas,  como adaptar os prezos do feiral aos tempos nos que estamos”.

A responsable de Cultura salientou que preto de 550.000 persoas disfrutaron ao longo dos 9 días de festa de máis de 200 actuacións diferentes. Así, os concertos de Buena Vista Social Club ou de Efecto Pasillo reuniron a miles de persoas, que se achegaron a desfrutar de boa música. Pero tamén os concertos realizados no Patio do Seminario e na Praza de Santa María tamén estiveron abarrotados de persoas. Nesta edición houbo moita animación na rúa con grupos e charangas da cidade que ambientaron o centro da cidade pero tamén os barrios.

Neste sentido, tamén explicou a gran acollida entre os visitantes da I Feira de Gastronomía e Artesania que se celebrou na Avenida de Ramón Ferreiro e pola que pasaron aproximadamente 30.000 persoas, que ademais de ver os produtos tamén mercaron e degustaron. Tamén tivo moi boa acollida a I Feira de Polbeiros e Polbeiras que se desenvolveu no Mercado de Abastos.

En canto á Oficina de Información Turística que se habilitou na Praza Maior incrementou de maneira considerable o número de visitas recibidas xa que este ano pasaron 8.976 persoas, no ano pasado foran case 3.600, que se achegaron durante toda a semana a recoller información.

Carmen Basadre destacou que “nestas festas quedaron algunhas cousas claras que hai que repetir como a recuperación da feira de artesanía e as sesións vermú e outras que hai que repensar como os fogos de artificio”.

Así, destacou que se mantivo o espíritu de festa popular e tradicional, coa incorporación de novas actividades pola rúa, numerosas atraccións para as distintas idades, concertos para todos os públicos, moito ambiente nas rúas, e as actuacións musicais nos diferentes barrios da cidade.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova