Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Clube Ciclista Muralla Lugo organiza unha concentración e marcha ciclista en homenaxe póstumo a Jose Manuel Pardo Souto


# Martes, 14/10/2014
O Concelleiro de Deportes destacou a “gran vinculación que tiña coa cidade de Lugo e o seu amor polo ciclismo”

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Deportes, Jose Manuel Díaz Grandio, acompañado por Pedro Torrents e Francisco Cotarelo, ambos do Clube Ciclista Muralla Lugo, presentaron esta mañá o programa do homenaxe póstumo ao Policia Nacional José Manuel Pardo Souto, que faleceu debido ás secuelas dun golpe recibido mentres desenvolvia a súa actividade de Policia en Lugo.
 
O acto de homenaxe que terá lugar o domingo 19 en As Nogais, lugar de nacemento do memso, está organizado polo Clube Ciclista Muralla Lugo ao que pertencia dende a súa creación nos anos 90.

Díaz Grandío destacou “a gran vinculación que tiña coa cidade de Lugo onde desenvolvia o seu traballo de funcionario de maneira excelente” ademais de que “esta marcha ciclista é unha boa maneira para honrar a memoria dun amante deste deporte”.

Desta maneira, as actividades comezarán ás 10.45 cunha concentración e ofrenda floral e as 12.15 está prevista a saída da marcha ciclista de 31 km e que realizará o percorrido As Nogais- Pedrafita do Cebreiro-As Nogais.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova