Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Segue aberto o prazo de inscrición para a visita guiada nocturna ao Cemiterio Municipal de San Froilán e ás tumbas de persoeiros ilustres


# Mércores, 15/10/2014
Tamén se pode realizar a inscrición no I Concurso de Epitafios Unha palabra, unha emoción co fin de potenciar o uso de epitafios no Cemiterio Municipal

A Concellería de Servizos Xerais e Participación Cidadá, que dirixe Manuel Núñez, informa que segue aberto o prazo de inscrición na visita guiada nocturna ao Cemiterio Municipal de San Froilán, que se celebrará o día 29 de outubro.

Nesta visita realizarase un percorrido polas tumbas de persoeiros ilustres de Lugo, como son as de Xoán Montes, Luis Pimentel, Gustavo Freire, Uxío Novoneyra ou Ánxel Fole. Ademais está ambientada con música de violín e poesías.

A inscrición pode facerse a través do teléfono 010, ou nas oficinas de Atención e Información Cidadá, situadas no Centro de Servizos Municipais na Ronda da Muralla.

I Concurso de epitafios
Tamén está aberto o prazo para inscribirse no I Concurso de Epitafios Unha palabra, unha emoción  co fin de potenciar o uso de epitafios no Cemiterio Municipal. Trátase dun elemento que humaniza e potencia o valor emocional dos cemiterios coas que se honra a memoria do defunto.

Neste concurso tamén se admitirán as reflexións en clave de humor, inxenio ou  ironía, sendo rexeitadas aquelas que conteñan frases ou palabras soeces ou cun contido claramente ofensivo. Cada participante poderá presentar un máximo de tres epitafios inéditos e orixinais para este evento, non podendo estar publicados en calquera medio con anterioridade á data de convocatoria e achegarase en soporte papel ou dixital, cunha extensión máxima de 10 liñas. As propostas a concurso poderán presentarse presencialmente ou por correo electrónico e establécense dous premios, o primeiro dotado de 150 € e o segundo de 75 €.

Coas obras presentadas está previsto crear un novo espazo no Cemiterio Municipal adicado á súa exposición permanente que se denominará Paseo dos Epitafios, para que formen parte del sempre. O prazo de inscrición está aberto ata o 24 de outubro a través do teléfono 010, no negociado de Cemiterio, ou nas oficinas de Atención e Información Cidadá, situadas no Centro de Servizos Municipais na Ronda da Muralla.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova