Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Unha nova aplicación web permite pasear pola Muralla de Lugo e visitar os puntos máis interesantes da cidade


# Xoves, 16/10/2014
Este xeoportal, www.vilasamuralladas.eu , forma parte do programa Muralla Dixital cofinanciado pola Unión Europea

Imaxe Asociada
As cidades e vilas amuralladas que forman parte deste proxecto son Lugo, Santiago de Compostela, Melgaço, Valença do Minho e Monçao


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o arqueólogo municipal, Rubén Álvarez, presentaron esta mañá o xeoportal web Ruta Vilas Amuralladas dentro do programa europeo Muralla Dixital.

Así na web www.vilasamuralladas.eu pódese realziar unha visita interactiva e xeolocalizada aos principais elementos do patrimonio histórico-artístico e arqueolóxico de cinco cidades e vilas da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal de cara a súa difusión e divulgación turístico-cultural a través de internet. Estas cidades son Lugo, Santiago de Compostela, Melgaço, Monçao e Valença do Minho, que se caracterizan por poseer unha cultura e un pasado histórico común e con un nexo de unión como son as súas murallas.

López Orozco destacou que “esta web vai a permitir coñecer as vilas que forman parte do proxecto e dar a coñecer o potencial turistico das mesmas e máis neste tempo no que os membros periféricos da Unión Europea debemos apoiarnos para facer forza e unión”.

A través deste xeoportal, abrese unha ventá á historia das referidas cidades paseando polos seus principais monumentos, entre os que destacan as súa murallas, testemuño fiel da súa evolución histórica e urbanística. Así, poderáse pasear dunha forma virtual pola Muralla Romana de Lugo, declarada Patrimonio da Humanidade, ou polas murallas medievais de Santiago de Compostela e Melgaço, ou polas fortalezas de Monção e Valença do Minho, representativas das loitas de fronteira dos séculos XVII e XVIII entre España e Portugal, segundo explicou Carmen Basadre.

Pola súa parte, Rubén Álvarez explicou que para realizar a visita virtual aos diferentes monumentos utilizáronse as últimas técnicas en visualización, a través do uso das fotografías panorámicas 360º, e en xeolocalización a través do uso dun xestor de mapas online que permite o xeoposicionamento no territorio dos referidos monumentos  e dos que ademais se pode obter toda unha serie de información tanto textual como gráfica e audiovisual.

Esta nova aplicación turística, deseñada por empresas de Lugo, caracterízase por ser unha aplicación multiplataforma xa que se pode visualizar en todo tipo de dispositivos (ordenadores, tablets, smartphones, pantallas táctiles) en 4 idiomas, o castelán, o portugués, o galego e o inglés.

O xeoportal web que se presentou hoxe é a principal acción de difusión da Ruta Vilas Amuralladas, ruta deseñada no marco do proxecto Muralla Dixital, proxecto europeo cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa de Cooperación Transfronteriza España-Portugal 2007-2013 (POCTEP) que ten como obxectivo principal a creación dunha rede de cidades/vilas amuralladas de Galicia e Norte de Portugal que aposten pola xestión conxunta para a valorización do seu patrimonio histórico-artístico e arqueolóxico a través das novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova