Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo é finalista en dous concursos nacionais de accesibilidade e gastronomía


# Xoves, 16/10/2014
 Para votar á cidade máis accesible pode facerse a través da web www.destinoaccesible.es 

 O Concello de Lugo é finalista en dous certames a nivel nacional en dous ámbitos diferentes, a accesibilidade e a gastronomía, segundo informou esta mañá o Alcalde, José López Orozco.

Así, unha vez máis, xa que anterioremente xa gañara o máximo galardon en accebilidade co Premio Reina Sofia, está nominado con trinta cidades máis que compiten a través das redes sociais como municipio que máis promove a eliminación de barreiras arquitectónicas e promover o turismo sen barreiras.

Para elo poderase votar a través da web www.destinoaccesible.es ata o día 26 de outubro e unha vez que se coñeza o gañador entregaraselle un placa que recolle o recoñecemento dos fans, followers e usuarios polo esforzo por traballar para que calquera persoa poida desfrutar do patrimonio e das actividades de ocio desa cidade.

Por outra banda, a cidade de Lugo, tamén é finalista na elección da Capital Española da Gastronomía 2015 que mañá dará a coñecer mañá en Madrid a Federación Española de Hostalaría e a Federación Española de Xornalistas e Escritores de Turismo. Nesta candidatura está acompañada por cidades como Cáceres, Huesca, Valencia e Cartaxena.

López Orozco destacou que “estas nominacións significa que Lugo xa conta no mapa de España e que nos teñen presentes en diferentes certames que proporcionan unha maior difusión para chegar a máis turistas”.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova