Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello adxudica dous proxectos do Plan Mellora Lugo, que ten por obxecto o fomento do emprego e a realización de traballos de acondicionamento no noso municipio


# Venres, 17/10/2014


O Concello de Lugo adxudicou hoxe dous dos proxectos do Plan Mellora Lugo, que ten o obxectivo de fomentar o emprego e, tamén, a realización de traballos de acondicionamento no noso municipio.

A Mesa de Contratación adxudicou esta mañá os traballos correspondentes ó programa de conservación, mantemento e reparación de pavimentación, mobiliario e sinalización vertical da rede viaria municipal cun presupostos de 84.494 euros. A adxudicataria é a única empresa que presentou oferta, Asogal, que ofreceu como melloras a contratación dun traballador máis dos esixidos e 3.500 euros en material máis do requerido.

Tamén foi adxudicado o programa do Plan Mellora Lugo referido ó servizo de mantemento e conservación de construccións rurais (escolas, lavadoiros, fontes, cruceiros, ete) e periurbáns (cemiterio de San Froilán e outros). Neste caso, o presuposto de adxudicación foi de 80.707 euros. Presentaron oferta dúas empresas e a gañadora foi Servigal. A empresa que resultou adxudicataria ofreceu a contratación de catro traballdores durante un prazo de 120 días, nun dos casos, e 90 días, os outros tres, así como a achega dunha mellora por importe de 10.000 euros en materiais.

Quedou pendente de resolver a contratación do terceiro programa do Plan Mellora Lugo que se someteu hoxe á consideración da Mesa de Contratación, para o servizo de mantemento e conservación dos CEIP e Escolas infantís Serra de Outes, Gregorio Sanz, Luis Soto Menor e Piringalla. Neste caso, non foi adxudicado porque as empresas aspirantes, que foron cinco, deben aportar máis datos. 

 
Medios para Policía Local

Tamén se reuniu este venres a Xunta de Compras do Concello que acordou, entre outras decisións, a adquisición de distintos medios para o departamento da Policía Local. Concretamente, aprobouse a compra de 180 balizas para a sinalización viaria, que terán un custe de 5.150 euros e serán adquiridas á empresa Setramur. Asimesmo, autorizouse a adquisición de 10 novas baterías e 2 radioteléfonos, que serán subministrados pola firma Veicar.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova