Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo e CaixaBank presentaron as dúas primeiras tarxetas da promoción "Lugo no teu peto"


# Venres, 17/10/2014
A entidade deseñou estas dúas primeiras tarxetas con imaxes características da cidade como son as casetas do polbo e a Muralla de Lugo

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o Director de Área de negocio de CaixaBank en Lugo, José Manuel López, presentaron as dúas primeiras tarxetas da colección Lugo no teu peto que estarán dispoñibles para os usuarios de Caixabank.

Esta serie comeza con dous modelos dispoñibles que recolle algún dos principais atractivos que ten a cidade como é a Muralla Romana e as casetas do polbo de San Froilán. Desta maneira, todos os usuarios de La Caixa que queiran ter estas tarxetas personalizadas poderán solicitalo de maneira gratuita nalgunhas das 5.600 oficinas repartidas por todo España. O obxecto destas tarxetas é doble xa que pretende chegar aos cidadáns de Lugo pero tamén contribuir á promoción da cidade en todo o Estado.
 
López Orozco animou a todas aquelas persoas que queiran ter unha tarxeta coa imaxe de Lugo “a que a pidan xa que non ten coste ningún cambiala” e agradeceu esta oportunidade que ofrece La Caixa para promocionar a nosa cidade.

Neste sentido, Carmen Basadre, sinalou que “é unha boa promoción da cidade por toda España e que non ten custe económico para o Concello” ademais adiantou que “na próxima primavera seguro que volvemos a presentar novas tarxetas con novas imaxes de Lugo”.

Pola súa parte, José Manuel López, destacou a satisfacción que supón para CaixaBank colaborar na difusión das dúas principais señas de identidade da cidade xa que “contribuirán a divulgar os grandes referentes turísticos de Lugo”.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova