Cargando....
Concello de Lugo
20/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo participa na creación dunha Rede de Cidades Termais do Imperio Romano


# Domingo, 19/10/2014
O Concelleiro de Servizos Xerais representou a Lugo nunha xuntanza que reuniu  dez concellos de España e Portugal e na que se decidiu constituir esta Rede

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Tamén se acordou convidar a 128 cidades de 21 países a sumarse ó Proxecto Aquae, que promoverá, entre outras medidas, o recoñecemento como Patrimonio Mundial das Cidades Termais do Imperio Romano


O Concelleiro de Servizos Xerais e Participación Cidadá, Manuel Núñez, participou esta fin de semana na xuntanza das Cidades Termais no Imperio Romano, que tivo lugar na cidade portuguesa de Chaves.

Manuel Núñez representou ó Concello de Lugo nun encontro no que estiveron representados en total dez concellos de España e Portugal. Participaron seis concellos portugueses, dous galegos (Lugo e Ourense), un de Extremadura e outro de Murcia.

Núñez explicou, trala xuntanza, que “acordamos constituirnos en comisión fundacional para a creación dunha Rede de Cidades Termais do antigo Imperio Romano”. Tamén se decidiu “convidar a sumarse a esta Rede a outras cidades dos distintos países que formaron o Imperio Romano”.

“En total serán invitadas 128 cidades de 21 países de Europa, Asia e Africa”, segundo indicou o Concelleiro de Servizos Xerais e detallou que serán convidadas a adherirse á Rede cidades de España, Portugal, Francia, Alemaña, Alxeria, Austria, Bosnia, Bulgaria, Croacia, Eslovenia, Grecia, Hungría, Inglaterra, Marrocos, Macedonia, Rumanía, Serbia, Suiza,Túnez,Turquía e Israel”.

A Comisión constituínte adxudicou a secretaría á representación do Concello luso de Chaves e marcouse os seguintes obxectivos para a fase inicial de traballo:

- Promover o 1º Congreso de Cidades Termais. Neste Congreso terá lugar a constitución formal da Rede de Cidades Termais Romanas.

- Elaboración dun estudo para que a UNESCO recoñeza a Rede como Patrimonio da Humanidade. Con este obxectivo, acordouse que no Congreso se vai crear unha Comisión científico técnica, integrada por arqueólogos, arquiveiros, historiadores, técnicos en turismo... das cidades interesadas.

- Creación dunha páxina web denominada Aquae, que porán en marcha técnicos do Concello de Chaves.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova