Imprimir

O CONCELLO SÚMASE ÓS ACTOS DO DÍA CONTRA O CANCRO DE MAMA


20/10/2014

O Alcalde, José López Orozco, e os Concelleiros de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez; de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, e de Servizos Xerais, Manuel Núñez, participaron este domingo nos actos do Día contra o Cancro de mama.
 
O Concello de Lugo colaborou coa Asociación de loita contra o Cancro e o grupo El Progreso nunha iniciativa coa que se conmemorou o Día internacional de loita contra o cancro de mama, que se desenvolveu na Muralla romana, concretamente nos xardíns situados á algura da Mosqueira, onde foron plantadas macetas para formar un lazo rosa de grandes dimensións.