Cargando....
Concello de Lugo
04/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Os orzamentos da Xunta para o próximo ano son decepcionantes para o Concello de Lugo


# Martes, 21/10/2014
O Alcalde de Lugo manifestou que non se atende ningunha necesidade do Concello de Lugo polo que as promesas tampouco se cumpriron

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, esta mañá calificou de “decepcionantes” os orzamentos da Xunta de Galicia para o Concello de Lugo para o próximo 2015. “Estou defraudado porque que menos que se conte co Auditorio só fastidiaria que non houbese ningunha partida para rematalo pero eso xa está máis que vendido” declarou o Alcalde.

López Orozco explicou que non atopou ningunha partida para as obras de conservación do antigo cuartel de San Fernando a pesares da súa promesa de estudar o proxecto que lle entregou ao Conselleiro de Cultura e manifestou sentirse “decepcionado xa que nunca pensei que un Goberno puidese actuar como o está a facer o do señor Feijoo”.

“Tampouco atopo suficiente a partida para remata o Plan Paradai, nin vexo que vaia a cambiar o estado do antigo hospital para converterse nalgunha das moitas promesas que fixo o Presidente da Xunta” segundo explicou o Alcalde que tamén fixo referencia á falta dunha partida específica para as reivindicacións sanitarias de Radioterapia, Medicina Nuclear e Hemodinámica 24 horas.

O Alcalde dixo sentir contento polos veciños e veciñas de Monforte ou da Mariña que por fin poidan ten as infraestruturas que necesitan, “pero o que se refieren ao Concello de Lugo son uns orzamentos decepcionantes.”


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova