Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Xunta de Goberno Local aproba a contratación de novas inversións por preto dun millóns de euros


# Mércores, 22/10/2014
A actuación máis destacada é o inicio do procedemento de contratación por un importe máximo de 456.388 euros do edificio de Novas Tecnoloxías

Imaxe Asociada
O Voceiro do Goberno Local, Luis Álvarez, anunciou que na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá aprobouse unha inversión en servizos municipais de preto de un millón de euros.

O contrato de máis valor aprobado hoxe foi a contratación da segunda fase das obras do edificio destinado a Novas Tecnoloxías que conta cun prezo máximo de licitación de 456.388,30 euros. O prazo de execución do proxecto elaborado polos arquitectos Antonio de Vega e Eloy Calderón, unha vez incorporadas as modificacións necesarias derivadas da aparición de restos arqueolóxicos na primeira fase será de 10 meses. Esta actuación está incluída no Plan Urban e conta cun cofinanciamento do 80% da Unión Europea a través dos fondos FEDER.
 
Luis Álvarez tamén informou que se aprobou a contratación do servizo de mantemento e conservación de espazos verdes públicos dentro do Plan Mellora Lugo 2014, dotado con 425.000 euros e que ten o dobre obxectivo de xenerar emprego e mellorar a cidade e que garantirá un mínimo de 20 postos de traballo durante seis meses. O valor estimado do contrato de mantemento e conservación de espazos verdes públicos será dun prezo máximo de 85.000 euros.

“Este plan naceu xa hai varios anos e foi cambiando de nome,o último foi o SELFE, pero a filosofía é sempre a mesma: por un lado contribuir na medida na que podemos  a xerar emprego, e por outro lado a mellorar diferentes aspectos da cidade” explicou Luis Álvarez.

O Voceiro tamén informou que se abriu o precemento para a contratación do servizo de apertura e atención ao público na rede de museos municipais por un importe de 313.000 euros anuais. Con este servizo que ten un total de 15.529 horas para o primeiro ano abriríanse o Centro de Interpretación da Muralla, o Museo Interactivo da Historia de Lugo, Domus do Mitreo, a Domus dos Mosaicos, a Sala de Exposicións Porta Miñá e o Centro Arqueolóxico de San Roque.

Outro dos procedementos abertos foi o do servizo de atención ao público e desenvolvemento de actividades socioeducativas na Casa das Linguas da Estrada da Granxa e na Casa das Linguas da Piringalla que ofrecen a posibilidade de estudar unha lingua estranxeira e preparase para exames en diferentes niveis. O prazo do contrato será de 3 anos prorrogable e cun orzamento máximo de licitación de 34.400 euros anuais.

Na Xunta de Goberno Local tamén se acordou iniciar o procedemento de adxudicación do contrato de servizo de control da calidade da auga de consumo humano e control sanitario das fontes públicas non conectadas á rede de abastecemento. O prazo de execución do contrato será dun ano prorrogable a dous e o prezo máximo de licitación de 24.942,04 euros. Desta maneira, analizaranse as 75 fontes que non están conectadas á rede de abastecemento de auga e que poden ser susceptibles de consumo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova