Imprimir

A CONCELLEIRA DE ECONOMÍA PARTICIPOU NA PRESENTACIÓN DA EMPRESA INFORMÁTICA GALICLOUD INSTALADA NO CEI-NODUS


23/10/2014  Rosana Rielo tamén informou da publicación das axudas para terrazas e mobiliario correspondente ao terceiro trimestre do ano

 A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Rosana Rielo, acompañada polo emprendedor David López, presentaron unha nova empresa, Galicloud, instalada no CEI-Nodus e que desenvolve dende alí un traballo de deseño e o desenvolvemento web dirixido especialmente a empresas.


A empresa, formada por David López, Carlos Junquera e Óscar Seijas, ofrece unha nova plataforma que ofrece o servizo Drupal que permite a creación de páxinas web a baixo coste cunhas características propias como que pode ser 100% autoxestionable, e que non están limitadas xa que se poden ir desenvolvendo segundo as necesidades da empresa. 

Os emprendedores invitaron a todas as persoas interesadas en coñecer o seu produto revelación, o Cronos, a que se acheguen o próximo día 5 de novembro ás 11.30 horas no Salón de Actos do CEI-Nodus. 

Rosana Rielo manifestou que o CEI-Nodus é un espazo que axuda a desenvolver ideas de emprendedores e no que se están realizando importante proxectos que xeran novos postos de traballo.


 Plan Urban
A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos tamén informou da publicación no BOP das axudas concedidas no terceiro trimestre dentro do Plan Urban por importe de máis de 12.000 euros. As axudas correspóndense coa convocatoria para empresas da zona Urban para a instalación de terrazas, rótulos e mellora de fachadas. Estas axudas contan co cofinanciamento do 80% da Unión Europeo a través dos Fondos FEDER.