Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Cemiterio Municipal de San Froilán acollerá distintas actividades para celebrar o Día de Santos


# Venres, 24/10/2014
O mércores 29 terá lugar a visita guiada nocturna ás tumbas de cinco persoeiros ilustres de Lugo

Tamén está aberto o prazo para participar na segunda edición do Concurso de Fotografía Estampas de paz e acougo

A Concellería de Servizos Xerais e Participación Cidadá un ano máis programa diferentes actividades que se van a realizar no Cemiterio Municipal para a conmemoración do Dia de Defuntos.

Así, a primeira actividades será o próximo mércores 29 de outubro ás 20 horas no Cemiterio Municipal San Froilán e consistirá nunha visita guiada nocturna polo cemiterio e cun roteiro especial polas tumbas de cinco persoeiros ilustres da cidade como foron Xoan Montes, Luis Pimentel, Gustavo Freire, Uxío Novoneyra e Ánxel Fole. Durante este percorrido os asistentes poderán desfrutar de varias interpretacións musicais e da lectura de poemas.

As persoas que esten interesadas en realizar este percorrido nocturno poderán inscribirse a través do 010, ou nas oficinas de Atención e Información Cidadá, situadas no Centro de Servizos Municipais na Ronda da Muralla.

Para conmemorar a festividade de Santos, o día 1 de novembro, terá lugar a actuación do grupo de música clásica Stranniki no Cemiterio Municipal ás 12.00 e as 17.00 horas, que acompañará ás persoas visitantes nos seus momentos íntimos de lembranza e de recordo de familiares e amigos falecidos.

Como ben sendo costume o día 2 celebrarase a ofrenda que a Corporación Municipal fai a todos os defuntos, que tamén estará acompañada por unha actuación musical interpretada polo grupo Stranniki.

O xoves 13 de novembro terá lugar o III Concerto da Lembranza, no que se fará a entrega dos premios aos gañadores dos dous concursos amenizado por un concerto e por lecturas en recordo dos falecidos.

II Concurso Fotografía
Xa está aberto o prazo para participar no II Concurso de Fotografía  Estampas de paz e acougo, co que se pretende dar prestixio e potenciar a imaxe do recinto do Cemiterio de San Froilán, e dos seus aspectos monumentais, paisaxísticos e incluso emocionais a través das “estampas de paz e acougo”.

Neste caso o prazo estará aberto ata o 4 de novembro. Cada participante poderá presentar un máximo de tres fotografías inéditas e orixinais para este evento; non poderán estar publicadas en calquera medio con anterioridade á data de convocatoria. As fotografías poderán realizarse pola persoa concursante no horario de apertura ao público do recinto. Coma no ano anterior establécese un primeiro premio dotado de 250 €, un segundo de 150 € e un terceiro de 75 €.

Para máis información na web do Cemiterio Municipal: www.lugo.es/ws/cemiterio/


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova