Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo conta cun espazo de promoción dentro do Festival Internacional de Cine Turistico Art&Tur que se celebra en Porto


# Venres, 24/10/2014
Durante todo o día de mañá as persoas que se acheguen ao Festival no Edificio Douro Azul terán información turistica sobre a cidade

O Concello de Lugo ten un espazo reservado para a súa promoción turística dentro dos actos do Festival de Cine Turístico Art&Tur que se celebra estes días nacidade de Porto (Portugal)e que se clausura coa entrega de premios mañá sábado.

Neste Festival no que se mestura o turismo e o cine premianse os mellores documentais e películas de promoción turistica a nivel mundial, ademais de que se realizan xornadas temáticas de turismo. Este Festival forma parte dunha rede de 17 festivais internacionais que anualmente co organizan o Festival de Viena e que escollen o mellor fime de turismo a nivel mundial.

Así, o sábado entregaraselle ao documental Arde Lucus, dirixido por Brais Revaldería o premio ao mellor documental dentro deste Festival polo que se deu a oportunidade á cidade de Lugo para facer unha promoción da cidade e da Festa do Arde Lucus. Á entrega de premios asistirá o Primeito tenente de Alcalde, Luis Álvarez, en representación do Concello de Lugo.

No Edificio Douro Azul, sede do evento, haberá un stand con información turistica do Concello de Lugo durante toda a xornada. Ademais contará coa presencia de representantes das asociacións do Arde Lucus como é o Senado, a Cohors III, Caetra Lucensium e a Guarda Pretoriana, que realizarán un desfile dende a Cámara de Porto ata o Edificio Douro Azul sobre as 15 horas local. A gala de entrega de premios comezará ás 17:30 horas. 

Este Festival conta con representantes e directores de turismo de Suiza, Taiwan, 
E xornalistas e medios de Canada, Croacia, Azerbaian, Reino Unido, Francia, España, México e directores de televisión de Portugal, México e Mozambique. Ademais dos embaixadores dos países como Paraguai, Taiwan, Serbia, República Checa, Australia e Austia.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova