Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo xestionou axudas por importe de máis de 5 millóns de euros para a rehabilitación de preto de 1000 vivendas


# Luns, 27/10/2014
O Concelleiro de Urbanismo anunciou a solicitude para novos acordos de financiamento para o ARI do Casco Histórico e para a creación dunha nova zona de rehabilitación integral na Milagrosa

Imaxe Asociada

O Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, informou esta mañá da comunicación por parte do Concello de Lugo á Xunta de Galicia para asinar novos acordos de financiamento para rematar a Área de Rehabilitación Integral (ARI) do Casco Histórico e que cumpren cos requisitos para a inclusión no novo Plan de Vivenda 2013-2016.

Luis Álvarez manifestou que “despois de 19 meses que tardou a Xunta de Galicia en asinar o novo plan de vivenda co Ministerio de Fomento é ridículo que aos Concellos só nos den o marxe de cinco dias para presentar esta carta de adhesión e nós así o fixemos”. Neste sentido lembrou que a Xunta non xustificara correctamente parte das axudas á rehabilitación é por este motivo non se puido asinar nada do Plan Vivenda 2013-2016 do que xa se “consumiron dous anos de axudas por un problema de mala xestión dos fondos por parte da Xunta” segundo explicou o Concelleiro de Urbanismo.

Ademais, o Concello de Lugo tamén comunicou a intención de solicitar unha nova área de rehabilitación integral que se corresponde coa zona do Agro do Rolo e no que están identificados unhas 291 vivendas susceptibles de recibir axudas para a súa rehabilitación.

Ao longo dos últimos anos o Concello de Lugo xestionou 928 axudas para a rehabilitación de vivendas das Áreas de Rehabilitación Integral da cidade que en total suman unha inversión de 5.449.020 euros. As dúas áreas son no Casco Histórico que xa leva 13 fases diferentes, 615 vivendas rehabilitadas e 2,8 millóns de euros en axudas. A segunda das zonas foi o ARI do Sagrado Corazón, xa finalizado, que mellorou a calidade vida e a accesibilidade de 313 vivendas cunha inversión de 2,7 millóns de euros.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova