Cargando....
Concello de Lugo
20/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo invertiu máis de 60.000 euros en diferentes obras de mellora no Cemiterio Municipal de San Froilán


# Mércores, 29/10/2014
O día 1 de novembro con motivo do Dia de Santos ampliarase o servizo de liñas de autobuses dende a Ronda da Muralla ao Cemiterio

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Servizos Xerais e Participación Cidadá, Manuel Núñez, informou esta mañá das obras de mellora realizadas no Cemiterio Municipal de San Froilán e da situación de ocupación do mesmo.

Así, ao longo deste ano 2014, o Concello de Lugo invertiu 60.192 euros e obras de mellora en diferentes partes do cemiterio. A actuación máis importante foi o arranxo dos tellados e limpeza dos nichos da calle 9 da sección norte, tamén se melloraron e renovaron as cunetas e canalizacións de auga de toda a instalación. Outra das actuacións realizadas ao longo deste ano foi a restauración dos muros do osarios, da pintura da entrada e amplouse a accesibilidade en varias das zonas.

En canto aos datos de existencias de unidades funerarias, Manuel Núñez, informou que na actualidade hai 96 nichos libres na zona nova e 27 na zona vella para concesións de 25 anos, cada un deles ten un prezo de 1.716 euros.  En canto a concesións de 10 anos a existencia é de 84 nichos na zona nova cun valor de 643,16 euros.

Tamén hai dispoñibilidade de sepulturas na zona nova con 42 libres de tres tipos diferentes e que o seu prezo oscila entre os 4.318 e os 8.843 euros a de 6 corpos. O número de columbarios libre é de 144 e non hai criptas dispoñibles.

O Concelleiro de Servizos Xerais e Participación Cidadá tamén deu a coñecer que o número de inhumacións realizadas no 2013 foi de 494 e no que vai de ano foron 350. No que vai de ano tamén se realizaron 7 inhumacións xerais das que se fixo cargo o Concello de Lugo ao tratarse de persoas sen recursos nin familia.

Actividades de Santos e Defuntos
Para conmemorar a festividade de Santos, o día 1 de novembro, terá lugar a actuación do grupo de música clásica Stranniki no Cemiterio Municipal ás 12.00 e as 17.00 horas, que acompañará ás persoas visitantes nos seus momentos íntimos de lembranza e de recordo de familiares e amigos falecidos.

Como ben sendo costume o día 2 celebrarase a ofrenda que a Corporación Municipal fai a todos os defuntos, que tamén estará acompañada por unha actuación musical interpretada polo grupo Stranniki.

O xoves 13 de novembro terá lugar o III Concerto da Lembranza, no que se fará a entrega dos premios aos gañadores dos dous concursos amenizado por un concerto e por lecturas en recordo dos falecidos. Para máis información na web do Cemiterio Municipal: www.lugo.es/ws/cemiterio/

Un ano máis, o Concello de Lugo, tamén reforzará as liñas de autobuses urbanos de cara o cemiterio. Para isto refórzase a liña 5E que circulará co seu percorrido e horarios habituais, reforzándose o servizo de transporte urbano ao cemiterio con 2 buses, de 9,30 a 19,00 horas. Autobuses centro-cemiterio: Saída cada 20 minutos desde a Ronda frente ao edificio dos sindicatos e a volta tamén será cada 20 minutos.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova