Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Presentadas no Mercado Municipal as II Xornadas Gastroaccesibles de Lugo que terán lugar do 1 ao 8 de decembro


# Mércores, 29/10/2014
Varios establecementos accesibles de hostalería ofrecerán tapas axeitadas ás diferentes doenzas con dietas específicas

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Os Concelleiros de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira,  e de Servizos Xerais e Participación Cidadá Manuel Núñez, participaron esta tarde na presentación das II Xornadas Gastroaccesibles de Lugo, xunto con representantes das entidades promotoras deste evento. O acto de presentación das Xornadas, que se celebrarán do 1 ó 8 de decembro, tivo lugar esta tarde no Mercado Municipal.

Segundo se informou no acto de presentación, nas Xornadas tomarán parte varios establecementos accesibles de hostalería ofrecerán tapas axeitadas ás diferentes doenzas con dietas específicas, tales como enfermos renais, diabéticos, celíacos, esclerose múltiple ou lupus.

Con este encontro, preténdese promover o turismo accesible e dar a coñecer as diferentes realidades alimentarias que se recomendan en determinadas doenzas e que dotan ás persoas dunha maior calidade de vida.

Tamén durante o mes de novembro, realizaranse unhas master class gastroaccesibles en colaboración coa Escola de Hostalería de Lugo. A súa finalidade é dende unha perspectiva pedagóxica e nun espazo que permita a participación das persoas inscritas no mesmo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova